3ª etapa Camiño a Fisterra e Muxía

O sábado 5 de marzo o Club de sendeirismo continuou co Camiño a Fisterra e Muxía, percorrendo a terceira etapa, de Vilaserío a Olveiroa. Foi unha etapa de 20 km moi levadeira e atractiva, percorrendo o mítico Xallas, atopando ao Encoro da Fervenza, pasando por Vilar de Castro, san Cristovo de Corzón e Ponte Olveira e, finalmente, chegando ao destino de Olveiroa. Coma sempre, a camiñata foi concluída cun xantar para celebrar o percorrido.