Mesas Redondas

Parladoiros organizados por Alumni USC para tratar temas que amosen a interrelación e as inquedanzas da Universidade-Alumni USC-sociedade.

Mesa redonda: “A Universidade do século XXI

O 23 de abril de 2015 organizouse en Santiago de Compostela esta mesa redonda para falar da universidade no momento actual. A mesa estivo composta por Juan A. Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia; Senén Barro Ameneiro, exreitor da USC e presidente da RedEmprendia; Mercedes Brea López, catedrática de Filoloxía Románica na USC, candidata a reitora en 2010; e Roberto Almuiña Díaz, director xeral de Cuarzos Industriales.

Mesa redonda: “Actualidade e perspectivas da Universidade en Lugo”

O 12 de novembro de 2018 organizouse en Lugo esta mesa redonda na que participaron: Carlos Herrero Latorre, exvicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo e profesor na Facultade de Ciencias; Carlota López Pardo, adxunta á Presidencia do Grupo Aresa; Pilar García Porto, deputada da Área de Economía, Recadación, Facenda e Especiais de Contas da Deputación de Lugo; e Lourdes Pardo Rodríguez, secretaria xeral adxunta da Confederación de Empresarios de Lugo.

Mesa redonda: “PROYDE”

O 18 de abril de 2018 organizouse unha mesa redonda para falar da ONG PROYDE, sumándonos así aos actos conmemorativos do 30º aniversario desta ONG. Na mesa participaron: Alfonso Vázquez Ruzo, delegado de PROYDE en Galicia; Amalia Soneira Agulla, delegada de PROYDE en Santiago de Compostela; e Manuel Carreira Sebio, frade santiagués e misioneiro en Guinea Ecuatorial.