Finaliza o Camiño de Inverno

O 6 de novembro o Club de sendeirismo rematou a última etapa do Camiño de Inverno; de Vedra a Santiago de Compostela.

Comezaron o seu recorrido en Outeiro (Vedra), e dende aquí chegaron ao primeiro tesouro no Pico Sacro: a Fonte do Santiaguiño (do ano 1670). Logo, pasaron por diferentes territorios como Rubial, Deseiro, Marrozos ou Piñeiro, e dende aquí baixaron polo Camiño Real de Angrois (que está na Calzada de Sar), subiron por Castrón Douro e finalmente pasaron pola Porta de Mazarelos.

Así rematou o Camiño de Inverno deste ano, esperamos volver a contar con vós o ano que ven e moitas grazas ao Club de senderismo por participar nesta edición!