Charla-coloquio sobre a Ribeira Sacra

O venres 16 de outubro celebramos unha charla-coloquio sobre a Ribeira Sacra ao abeiro do proxecto Camiño de Inverno. De Ponferrada a Compostela. O evento foi presencial e tivo lugar no Hotel Oca Puerta del Camino.

https://youtu.be/f454p0WVKN8

Participaron Antón Rodicio, matemático e divulgador da Ribeira Sacra, Daniela Vázquez, guía do Ecomuseo Pazo de Arxeriz e Susana García, pousadeira da casa rural Torre Vilariño, baixo a moderación de José Manuel Ortigueira, director do proxecto e autor das fotografías das exposicións sobre o Camiño de inverno.

O coloquio estivo moi animado e ademais de falar dos aspectos culturais e turísticos da Ribeira Sacra, apuntáronse algunhas  iniciativas que poderían animar á xente, en especial á xente nova, a asentarse alí e así reducir o despoboamento.