«O asociacionismo: forza ou debilidade»

7 de novembro do 2018 – Santiago de Compostela

Alumni USC convocou unha mesa redonda sobre asociacionismo, moderada por Xosé Ramón Pousa, decano de Ciencias da Comunicación. Participaron na mesa: Kai Baltrusch, representante da asociación estudantil da facultade de Bioloxía Bota e Bata, Paula Sande, representante da ATEGAL (Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos), Ramón Lois, representante da Asociación de Empresarios do Tambre, Manuel López-Rivadulla, representante do Ateneo de Santiago, e Benita Silva, representando a Alumni USC.

Tanto as intervencións dos membros da mesa coma o coloquio foron moi interesantes, e a conclusión principal foi a necesidade de colaboración entre as diferentes asociacións participantes.