Asemblea Xeral de socios/as.
É o órgano supremo de Alumni USC e nela participa a totalidade dos socios e socias. Reúnese con carácter ordinario unha vez ao ano e de forma extraordinaria se se considera conveniente para o desenvolvemento das actividades.
Xunta Directiva
É o órgano executivo de Alumni USC e está formada polos seguintes membros: Presidente/a, Vicepresidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a e sete Vogais, ampliables ata un máximo de dez.
Xunta Directiva 2019-2023
O 4 de xullo 2019 renovouse a Xunta Directiva e Benita Silva Hermo foi reelixida Presidenta para o mandato 2019-2023. Respecto á Xunta Directiva anterior, cesaron a petición propia Mª Julia Melgar Riol, Francisco Durán Villa e Benigno Amor Barreiro. Para substituílos, incorporáronse a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo Moledo, e as profesoras da USC Loreto Fernández Fernández e Ángeles López Cabarcos.
A composición da actual Xunta Directiva é a seguinte:
Presidenta: Benita Silva Hermo
Vicepresidente: Carlos Herrero Latorre
Tesoureira: Isabel Aneiros Penedo
Secretaria: Mª del Mar Fernández Vázquez
- Vogais:
- Loreto Fernández Fernández
- Manuel Fraga Carou
- Víctor A. García Dopico
- Ángeles López Cabarcos
- Jesús López Romalde
- Mar Lorenzo Moledo
- Agustín Pena Herva

Coordinadores de Alumni USC nos centros docentes
O ano 2018 creouse a figura de coordinador/a de Alumni USC nas facultades e escolas universitarias. O seu papel é popularizar e dar visibilidade á Asociación entre o persoal dos centros, non só entre o profesorado e o Persoal de Administración e Servizos, senón tamén, e sobre todo, entre o alumnado. As persoas que hoxe están a estudar na USC serán exalumnos/as en pouco tempo e é bo que se vaia creando un sentimento de pertenza á Institución.
Os coordinadores constitúen un apoio para a Xunta Directiva: dan a coñecer as actividades organizadas por Alumni USC e organizan outras pensadas especificamente para o persoal de cada centro.