Premio Relato Curto

O Premio de Relato Curto é unha iniciativa que Alumni USC leva a cabo desde hai xa catorce anos. Nun primeiro momento estaba dirixido só aos socios e socias pero a Xunta Directiva actual abriuno en 2017 ao público en xeral. Na actualidade conta co Patrocinio de HM La Rosaleda cunha dotación de 500 €.

O prazo de envío de relatos para a XV edición de 2020 está aberto entre o 1 de novembro 2020 e o 31 de xaneiro 2021.

 

O XV Premio de relato curto convocado no ano 2020 tivo bastante éxito no que respecta ao número de textos presentados. O xurado reuniuse o día 4 de maio e proximamente farase  público o seu fallo. Está previsto que no próximo outono se faga un acto para celebrar a entrega dos premios das XV e XIV edicións, pois este último quedou pendente do ano pasado pola pandemia.