Presenza de Alumni USC no II Congreso Multidisciplinar en Nutrición

O 22 de novembro de 2019, Carlos Herrero, coordinador de Alumni USC na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, estivo presente no II Congreso Multidisciplinar en Nutrición, enmarcado no Máster impartido nesa facultade.

Na mesa de apertura e peche do II Congreso interviron a presidenta de Adinu Galicia, Sheila Castiñeira; o coordinador do grao en Nutrición Humana e Dietética, Jesús Casabiell; o citado coordinador de Alumni USC e profesor nesa facultade, Carlos Herrero; e a dietista-nutricionista Laura Regueiro.