Agora que comeza a “nova normalidade” imos reiniciar as nosas actividades: unha nova etapa do Camiño de Inverno, a reapertura da exposición fotográfica deste proxecto, a mesa redonda “O mecenado na investigación universitaria”, pronto celebraremos a Asemblea xeral ordinaria…
Isto supón unha gran satisfacción para nós, pero a alegría queda ensombrecida polo recordo dos que nos deixaron, vítimas inocentes da devastadora pandemia Covid-19.
Desde a Alumni USC queremos manifestar o noso fondo pesar e o noso afecto ás familias e amigos/as que están a sufrir a perda dalgún ser querido.