Reunión co director da fundación Catedral de Santiago

O presidente da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago (Alumni USC), Agustín Pena, foi recibido nas dependencias do Arzobispado polo director da Fundación Catedral, Don Daniel Lorenzo. Polo espacio dunha hora debatiron sobre as actividades socioculturales que ambas institucións desenvolven na cidade. Ao deixar atrás as restriccións pandémicas, ambos coincidían na necesidade de volver a coller impulso á hora de programar para propios e foráneos.

Pena lle manifestou o “gran” interese de Alumni por conocer as novidades museísticas e disfrutar das “maravillosas” visitas nocturnas á Basílica, ao tempo que invitaba a Don Lorenzo a dar unha charla para os antigos alumnos universitarios. Dito e feito. Don Lorenzo falará en Alumni o 26 de abril, ás 19:30 horas, no salón de actos da Facultade de Filosofía (Mazarelos). “La catedral de Santiago: restauración, rehabilitación y perspectiva de futuro” será o seu título.