Socios e socias

Poden pertencer a Alumni USC as persoas que estudaron ou están a estudar e a traballar na Universidade de Santiago de Compostela e tamén calquera persoa que, aínda que non pasara polas súas aulas, estea interesada en estar vinculada á Institución.

Socios/as de honra

No artigo 24 dos Estatutos recóllese esta figura do seguinte xeito:

“Son aqueles membros que polo seu prestixio ou por ter contribuído dun xeito relevante á dignificación ou ao desenvolvemento da Asociación ou da Universidade de Santiago de Compostela, se fagan acredores de tal distinción”.

O nomeamento de socios de honra correspóndelle á Asemblea Xeral Extraordinaria, a proposta da Xunta Directiva.

O último distinguido con este nomeamento foi, no ano 2018, Juan Viaño Rey, exreitor da USC.

En 2016 nomeouse socio de honra a Juan J. Casares Long, exreitor da USC e primeiro Presidente da nosa Asociación.

No 2010 levouse a cabo o nomeamento das seguintes persoas, que desempeñaran o cargo de presidentes do Consello Social: Manuela López Besteiro e Manuel Puga Pereira.

Os primeiros socios de honra nomeáronse no ano 2004 e foron: Darío Villanueva Prieto, daquela reitor da USC, e fundador de Alumni USC; os presidentes do Consello Social Emilio Pérez Nieto e Jesús García Calvo; o presidente do Grupo Correo Gallego Feliciano Barrera Fernández, como patrocinador de Alumni USC, e Benigno Carril Pérez, primeiro Xestor Técnico de Alumni USC.

Socios protectores

Son aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que colaboran economicamente co sostemento da Asociación, patrocinándoa, cooperando nalgunha actividade ou evento, achegando algunha axuda ou apoiándoa doutro xeito (como se recolle no artigo 24 dos Estatutos de Alumni USC).

A Asociación dá a coñecer, periodicamente, a listaxe de socios protectores, na páxina en liña.