Que é Alumni USC

É a Asociación de antigos alumnos e alumnas, amigos e amigas da Universidade de Santiago de Compostela que inclúe non só ás persoas que estudaron na nosa universidade fai moitos anos ou recentemente, senón tamén aos estudantes actuais e todas aquelas persoas que desexan estar vinculadas á USC.

Creouse en 1996 con motivo da conmemoración V Centenario da Universidade de Santiago, coa finalidade de fomentar o encontro de antigos/as compañeiros/as e de potenciar a relación entre eles e coa Universidade. Tamén para apoiar á Institución e potenciar o seu prestixio.

Os seus obxectivos están descritos polo miúdo nos Estatutos.

Estamos nunha nova etapa e propoñémonos novos obxectivos, o principal ampliar a rede de socios/as e chegar á xente moza con actividades deseñadas para ela. As novas tecnoloxías e canles de comunicación axudarannos a logralo.

Queremos popularizar o nome de Alumni USC pois este é o termo internacional para designar a este tipo de asociacións. Isto facilitará atopar a nosa web en todo o mundo.