Alumni USC convoca o XIX Premio de Relato Curto, patrocinado por Pobesalud, co obxectivo de promover a creación literaria en lingua galega.
O certame está aberto á participación de persoas interesadas na escrita en galego e permite presentar relatos de temática libre.
Datos da convocatoria
- Premio: 500 €
- Modalidade: relato curto en lingua galega
- Temática: libre
- Prazo de presentación: do 20 de setembro ao 20 de novembro de 2026
As persoas interesadas poden consultar as bases da convocatoria e toda a información relativa ao premio na seguinte ligazón:
www.alumniusc.gal/premio-relato-curto
Para máis información:
Teléfono: 981 580 624
Correo electrónico: alumni@alumniusc.com
Anímate a escribir, deixa voar a imaxinación e comparte a túa historia!

Convidámosvos a ler o relato gañador da XVIII Edición do Concurso de Relato Curto 2024, Alalá de Carballo, de José Manuel Vez Jeremías. Esta obra, distinguida polo xurado, destaca pola súa excelencia narrativa, unha historia xovial e amena cunha linguaxe fresca. Un relato moi afable que merece ser disfrutado por todos.
O gañador do Premio de Relato Curto da edición XVII foi Pablo Nogueira Campo, baixo o pseudónimo de Joel Fleischman, co seu relato Mar de lembranzas.
Foi premiado cos 500€ patrocinados por HM La Rosaleda.










