Reunión do Xurado do XVII Premio de Relato Curto

O día 23 de novembro (xoves) tivo lugar a reunión do Xurado do XVII Premio de Relato Curto de Alumni USC. Composto este pola presidenta, Teresa Sanmarco Bande e as vogais, Carme Gratacós Rius e Irene García Bernadal.

Na mesma, tras a valoración dunha selección de relatos de alta calidade literaria e lingüística, acordouse outorgar o premio ao texto titulado “Mar de lembranzas”, presentado baixo o pseudónimo de Joel Fleischman, que resultou ser de Pablo Nogueira Campo. Os motivos da escolla foron a súa indiscutible riqueza lingüística, a súa capacidade narrativa e tamén o seu xeito eficaz de transmitir emocións.

O xurado tamén quixo deixar constancia de que os seguintes títulos: “Íamos levar o ramo… e acabamos fuxindo monte abaixo”, “O penoso camiño da liberdade”, “As mazás do tío Serafín” ,”O carro da compra” e “Mil demos tristes e enrrugados”, destacaron pola súa temática e pola perfecta linguaxe.