Reunión do Padroado da Casa da Troya

O 24 de novembro (venres) tivo lugar a reunión anual do Padroado da Casa da Troya no Salón Reitoral da USC (Pazo de San Xerome) na que ser trataron os seguintes temas:

  • Lectura e aprobación da acta da anterior reunión.
  • Informe do Vicepresidente 3º.
  • Aprobación da conta de perdas e ganancias e do balance correspondentes ao ano 2022.
  • Memoria de actividades – 2022.
  • Conmemoración do XXX Aniversario do Museo Casa da Troya.
  • Aprobación do orzamento correspondente ao ano 2023.
  • Estado do proceso de constitución da Fundación Museo Casa da Troya.
  • Avance da Memoria de actividades – 2023.
  • Avance de actuacións para o ano 2024. Autorización ao Vicepresidente 3º para a tramitación de subvencións e execución das mesmas.
  • Renovación da póliza de crédito con Abanca.
  • Rolda aberta de intervencións.

Á reunión asistiron as seguintes persoas:

  • Presidente: Antonio López Díaz, Reitor Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Vicepresidente 1.º: Goretti Sanmartín Rei, Alcalde Presidente do Concello de Santiago de Compostela.
  • Vicepresidente 3.º: Benigno Amor Barreiro, Presidente da Asociación Cultural – Musical de Antigos Tunos Composteláns e Amigos do Museo Casa da Troya.
  • Secretario: Fausto Santamarina Fernández , Secretario da Asociación Cultural – Musical de Antigos Tunos Composteláns e Amigos do Museo Casa da Troya.
  • Tesoreiro: Alejandro Otero Jamardo, Tesoreiro da Asociación Cultural – Musical de Antigos Tunos Composteláns e Amigos do Museo Casa da Troya.
  • Vocal: Eva López Barrio, Presidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Vocal: Juan Carlos Díaz del Valle, Vicepresidente 1.º da Asociación Cultural – Musical de Antigos Tunos Composteláns e Amigos do Museo Casa da Troya.