Club de sendeirismo – Camiño Portugués pola costa – 8ª etapa

O club de sendeirismo realizou o sábado, 18 de novembro, a 8ª etapa do Camiño Portugués pola costa. A camiñada foi dende o Albergue de Briallos ata Valga – 17 km, realizando unha parada intermedia aos 10 km. en O Cruceiro, para repor enerxías.

Antes de chegar ao destino, os camiñantes realizaron unha visita a Caldas de Reis aproveitando que pasaban por alí. Xa en Valga, puideron desfrutar do xantar en “Parrillada Criollo”.

Poñendo fin a esta ruta, tivo lugar a visita á Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón. Nela, a nosa socia e acompañante nesta etapa Carmen Pichel, foi quen de ilustrarnos o vestido de Rosalía, exposto no propio museo e creado por ela mesma.