Entrega do XIII Premio Relato Curto

O 5 de xuño de 2019 tivo lugar o acto de entrega do XIII Premio de Relato Curto, na compostelá sede de Afundación na rúa do Vilar. Nesta edición o galardón recaeu no relato “O isco”, presentado baixo o pseudónimo “Avelaiona” e da autoría do ourensán Ricardo Cid Paz.

O acto presentouno Manuel Fraga Carou e consistiu nun breve faladoiro no que interviron os membros do xurado (Armando Requeixo, Inmaculada Sánchez Leira e Rocío Leira Castro, e tamén Mar Fernández Vázquez con voz pero sen voto) e o público asistente; na conferencia “Estratexias e direccións na narrativa galega actual” a cargo de Armando Requeixo; a lectura do texto premiado na voz do seu autor; a entrega do galardón ao autor por parte de Rafael Silva (director territorial do HM Hospitales en Galicia); e a clausura do acto por parte do citado patrocinador, Rafael Silva, da Vicerreitora de Titulacións na USC Victoria Otero e de Benita Silva Hermo.