XVI Premio de Relato Curto

Batalla campal na feira de Rodiño

Juan Viaño Rei, ex reitor da USC, escribiu o relato “Rodiño 1947 – Relato de un suceso real”, premiado nesta XVI edición do Premio de Relato Curto.

O xurado, conformado polos socios de Alumni USC, Isabel Méndez e David Formoso, o xornalista de El Correo Gallego, Ángel Seijo, e Manuel Fraga en calidade de secretario (con voz, pero sen voto), concederon por unanimidade o Premio a este relato, no cal se narran os sucesos históricos ocorridos en Rodiño (Sergude, Boqueixón). É un relato ben fiado no que, entre a rabia dos veciños das aldeas e parroquias colindantes de hai 75 anos, desenvólvese unha subtrama amorosa.

A lectura do relato e a entrega do premio realizarase na Facultade de Filosofía no mes de setembro.

O presidente de Alumni USC, Agustín Pena, cos membros do xurado