Visita á Ribeira Sacra

Saíndo á mañá dende Compostela, un grupo de Alumni visitou a Ribeira Sacra. Pola mañá realizaron unha visita ao Ecomuseo de Arxeriz, situado nun pazo do s. XVII nas Terras do Sanguiñao. Os asistentes foron guiados polos interiores do pazo e polo exterior, podendo admirar o castro, o miradoiro e o Cabo Mundo, situados sobre o Miño.

Antes do xantar nunha pulpería de Chantada, foron ver unha adega tradicional, na cal se practica aínda a chamada viticultura heroica.

Un pasado máis alá do románico

Pola tarde adentráronse nos monumentos máis representativos do municipio, facendo unha ruta polos edificios monacais da Ribeira Sacra. A ruta comeza na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, e pasa por un monasterio de monxes benedictinos, o monasterio de Santo Estevo de Ribas de Miño (coñecido por ser o obradoiro do mestre Mateo) e remata en Santa María de Nogueira (igrexa de base románica por cuxas pinturas murais se coñece como a Capela Sixtina Galega).