Os pasados días 7 e 8 de xuño, Alumni USC estivo presente no encontro empresarial “Santiago en vivo ” na Alameda de Santiago xunto coa USC.
Este evento deu unha ampla visibilidade na sociedade compostelana e polo stand pasaron persoas de diversos sectores da sociedade: exrectores como Senén Barro, vicerreitores da equipa de goberno actual da USC como Gumersindo Feijoo, a directora xeral do Igape da Xunta de Galicia, Covadonga Toca, actores como Antonio Resines, o coordinador da area SEPIU da USC, Javier Agrafojo, a exddecana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez, o director da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Lema, os directivos de Alumni USC, Carme Casado e Modesto Gómez e socias e socios de Alumni USC, así como personas anónimas que quixeron facerse unha foto.


















