Participación nas Xornadas Xacobeas

O Casino de Santiago, coa colaboración de Turismo de Galicia e a  Academia Xacobea, organizou as Xornadas Xacobeas co propósito de afondar no estudo e a difusión do Camiño de Santiago, así como promocionar o ano santo 2021. Foron seis sesións celebradas no Café Casino que tamén  se poden ver por streaming na dirección https://cafecasino.gal/xornadas-xacobeas/.

Nas xornadas participaron persoas da máxima relevancia no tema por ser grandes coñecedores do fenómeno xacobeo e incluso responsables do seu relanzamento hai uns anos. Na sesión titulada Novos retos para o Camiño de Santiago participaron, xunto con Victor Vázquez Portomeñe, Manuel Fraga e José Manuel Ortigueira, membros de Alumni USC. Trataron das singularidades do Camiño de inverno e propuxeron algunhas iniciativas de grande interese para promocionar este camiño e para implicar á cidadanía, facendo deste patrimonio un ben social.

Asinado: Santi Alvite