2ª Carreira Virtual Solidaria AlumniUSC

Os días 19 e 20 de Febreiro AlumniUSC celebrará a súa 2ª Carreira Virtual Solidaria debido ao éxito que tivo a primeira.

As inscripcións estarán abertas dende o 26 de xaneiro ata o 15 de febreiro, e poden realizarse através da plataforma RockTheSport.

O prezo da inscripción é de 5€ (+ 0,36€ de comisión da páxina), de forma simbólica, ou pode ser de máis cantidade aportando o desexado no apartado de donación. Todo o diñeiro recadado destínase á asociación AGAELA, a cal loita para axudar ás persoas que sufren de ELA e aos seus familiares e coidadores.

Para poder realizar a carreira fai falta descargar a aplicación RockTheSport, xa que ésta rexistrará os pasos realizados. En total a carreira é de 5km, e cada un poderá correlos á hora e no lugar que prefiran.