O 29 de xaneiro o club de sendeirismo de AlumniUSC retomou a súa actividade, comezando coa primeira etapa do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía. O Camiño é de 118 km, e será recorrido en 7 etapas.
A primeira etapa, foi de Santiago a Ponte Maceira (17 km), saíndo dende a Praza de Obradoiro. Despois do percorrido, algúns dos nosos socios reuníronse para comer no restaurante e outros, tomando un bocadillo levado da casa.
Alegrámonos moito de comezar este ano co club de sendeirismo!