Agustín Pena, novo presidente de Alumni USC

A Asemblea Xeral Extraordinarsia de socias e socios, convocada o pasado 4 de febreiro, ratificou o acordo da Xunta Directiva reunida o 15 se xaneiro polo cal a anterior presidenta, Benita Silva, renunciaba ao seu cargo por motivos persoais. Fíxose un axuste que se manterá ata que haxa eleccións en xaneiro 2023, polo cal Agustín Pena pasou a ser o novo presidente e o cargo de secretaria pasou á mans de Loreto Fernández, anterior vogal.

Agustín Pena recolle o testigo da anterior presidenta e afronta a súa etapa con ilusión e entusiasmo procurando manter o nivel de actividade levado a cabo ata agora.