O sábado 26 de setembro, o Club de sendeirismo retomou o Camiño de Inverno, co percorrido da etapa Monforte-Fontela (San Lourenzo de Fión).
Foron 16 quilómetros camiñando por sitios e lugares entrañables na toponimia galaica: A Vide, Moreda, A Broza, Piñeiro…e o espectacular pazo do Reguengo, cheo de vitalidade.
Saíron de Monforte, andaron por terras de Pantón e remataron no Saviñao.
O xantar foi en Torre Vilariño ( a primeira casa de turismo rural de Galicia.1991)
E pasaron a tarde nos predios da fundación Xosé Soto de Fión: un fabuloso museo etnográfico coroado polo Castro de Arxeriz, o mellor punto posible para tirarlle fotos ao Cabo do Mundo.
http://www.sotodefion.org/principal.htm
