EnMente, IV encontro de Intelixencia Emocional da USC

O 5 de outubro, celebrouse na Facultade de Ciencias da Comunicación o IV Encontro de Intelixencia Emocional da USC, EnMente, con grande asistencia de participantes.

O acto de inauguración estivo presidido pola presidenta de Alumni USC, Benita Silva, acompañada pola secretaria xeral de emprego, Covadonga Toca, e a directora do ICE, Ana Mª Porto.

Esta edición contou co patrocinio da Xunta de Galicia e das empresas do Grupo Intaf S.L. e Castrosua.