Os voluntarios e as voluntarias de Alumni USC para a exposición “A Minerva Compostelá e as súas Glorias” reúnense para desexarvos Feliz Nadal

O día 20 de decembro, un grupo dos voluntarios e das voluntarias de Alumni USC que responderon ao chamamento do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC para ser guías da exposición sita en Fonseca: Mª Esther Marcos, Elisa Pérez, Ángel Segovia, Luis Sobrado e Inés Toca, acompañados de Rosa Maxi, guía da USC, reuníronse para desexarvos un Feliz Nadal e un venturoso 2022 cheo de saúde. Tamén forman parte do grupo Josefa Ramallal e Perfecto Yebra, pero non puideron acudir á cita do día 20.