Visita ao Arquivo Histórico da USC

Un grupo de socias e socios visitou o Arquivo Histórico da USC o xoves 21 de outubro acompañados polo subdirector, Jaime Fariña.

A visita comezou ás 10:30 h cunha presentación e explicación sobre a orixe, evolución e funcións do arquivo universitario e os fondos documentais que acolle na sala de conferencias do centro. Logo fixeron un percorrido polas instalacións con visita ao depósito no que se conserva a documentación histórica da nosa universidade.

Para finalizar, o grupo visitou o taller de restauración da man da súa restauradora, Cristina Doral, e amosoulles os distintos traballos que alí se desenvolven, orientados á recuperación da materialidade e funcionalidade daqueles documentos deteriorados por razóns intrínseca e exterínsecas.