Vodas de Prata da Licenciatura en Empresariais, promoción 1989-1994

O 5 de outubro de 2019 celebrouse o acto de aniversario das Vodas de Prata da promoción 1989-1994 da Licenciatura en Empresarias; acto presentado por Patricia Vigo.

Durante o acto interviron Loreto Fernández (membro da Xunta Directiva de Alumni USC), o decano Xoán Ramón Doldán García, Marisa del Río (madriña da promoción), o exdecano e profesor emérito José Carlos de Miguel e o profesor Rafael Millán. Antonio Novoa Santos representou os antigos estudantes da promoción. O acto pechouse cun concerto musical.