Vodas de prata da promoción 1993-1998 de Economía da USC

O sábado, 19 de outubro, a promoción do directivo de Alumni USC, Modesto Gómez, celebrou o seu 26 aniversario, porque o ano pasado non lograron xuntarse. Ao acto no Salón de Graos da Facultade de Económicas e Empresariais, asistiron o decano do centro, Xoán Ramón Doldán García, a presidenta de Alumni USC, Eva López...

Ler máis

Vodas de prata Medicina, promoción 1993-1999

O sábado, 28 de setembro, a promoción 1993-1998 celebrou o seu 25 aniversario en Santiago. A Comisión organizadora estivo encabezada por Teresa Jorge. Para comezar a xornada, reuníronse no Recanto da Saudade onde colocaron unha placa conmemorativa. Logo foron ao Salón de actos da Facultade de Medicina onde tivo lugar o acto central. En...

Ler máis

Vodas de Prata de Enxeñaría Química (1994-1999)

O pasado venres, 12 de xullo, tiveron lugar as vodas de prata de Enxeñaría Química 1994-1999, ás cales a nosa presidenta, Eva López, acudiu coma representación de Alumni USC. Previo ao inicio do acto, ofreceuse unha visita guiada polo centro, a Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE). Unha vez rematada a visita, a celebración...

Ler máis

Vodas de Ouro de Medicina 1968/1974

O pasado venres, 14 de Xuño, Alumni USC tivo o pracer de organizar a ben esperada reunión da promoción de 1968/1974 de medicina. Os antigos alumnos comezaron a celebración das súas Vodas de Ouro pola mañá, cunha visita ao Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Posteriormente, tras sacar unhas fotografías de...

Ler máis

Vodas de Prata de ADE

O sábado 11 de novembro, tiveron lugar as Vodas de prata da primeira promoción de A.D.E, onde Alumni USC estivo presente. Este acontecemento estivo representado pola directiva Loreto Fernández. Por parte da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais estivo o decano, Xoan R. Doldán e a profesora Marisa del Río....

Ler máis

Vodas de prata da promoción 1993-1998 de Farmacia

O sábado, 16 de setembro, reuniuse en Santiago un grupo do antigo alumnado da promoción 1993-1998 da licenciatura de Farmacia. O grupo reuniuse en primeiro lugar, coa presidenta de Alumni USC, Eva López Barrio, no Recanto da Saudade, para descubrir unha placa conmemorativa. Logo fíxose unha fotografía de grupo na entrada da Facultade e...

Ler máis

Vodas de prata de Químicas, promoción 1993-1998

O sábado, 8 de xullo, a presidenta, Eva López Barrio, acudiu ao Recanto da Saudade para descubrir a placa conmemorativa do vintecinco aniversario da promoción 1993-1998 de Químicas. No acto interveu o Catedrático da USC, Juan J. Casares Long. Alumni USC non entrou na organización do evento....

Ler máis

Vodas de ouro da promoción 1968-1973 de Químicas

O 28 de xuño, o grupo de antigas e antigos alumnas e alumnos da promoción 1968-1973 da licenciatura de Químicas celebrou o seu acto na Facultade de Químicas, onde interviron o decano, Jesus Sanmartín Matalobos, o profesor Manuel Bermejo Patiño e os representantes do alumnado da promoción, Mª Amalia Andrade e Antonio Eduardo Casal....

Ler máis

Vodas de prata Medicina, promoción 1992-1998

O sábado13 de maio, reuníronse, en primeiro lugar no Recanto da Saudade, o grupo de antigos alumnos e antigas alumnas da promoción 1992-1998 de Medicina, para ver a súa placa conmemorativa do seu retorno á cidade de Santiago de Compostela onde estudaron. Despois, xa no Salón de actos da Facultade de Medicina, tivo lugar...

Ler máis

Vodas de prata de Medicina (1991-1997)

O sábado 22 de outubro un grupo de compañerios e compañeiras da promoción 1991-1997 celebraron o seu 25 aniversario de licenciatura. A Comisión organizadora do evento estivo encabezada por Eva San Luis que xunto a: Adela Urisarri, Antonio Pato, Jorge Fernández Noya, Manuel Barreiro, María Pampín, Miguel Piñón, Montserrat González e Pablo Sousa, púxéronse...

Ler máis

Vodas de prata Medicina 1990-1996

O sábado 23 de outubro o grupo da promoción 1990-1996 de Medicina festexou as súas Vodas de prata. A Comisión organizadora encabezada por Alexandre García Caballero, estivo formada tamén por Javier Paz Esquete e Carlos Peña Gil O programa do día incluía unha visita ao Recanto da Saudade, no Campus Vida, para ver a...

Ler máis