Vodas de prata de Medicina (1991-1997)

O sábado 22 de outubro un grupo de compañerios e compañeiras da promoción 1991-1997 celebraron o seu 25 aniversario de licenciatura.

A Comisión organizadora do evento estivo encabezada por Eva San Luis que xunto a: Adela Urisarri, Antonio Pato, Jorge Fernández Noya, Manuel Barreiro, María Pampín, Miguel Piñón, Montserrat González e Pablo Sousa, púxéronse en contato con nós para organizar o reencontro.

A xornada festiva comezou ás 12:00 h no Recanto da Saudade para ver a placa conmemorativa. Despois, ás 12:45 h fixéronse a foto de grupo e logo tivo lugar o acto no salón da Facultade de Medicina. En dito acto interviron, ademais do decano, Julian Álvarez Escudero, o representante de Alumni USC, Jesús López Romalde, o representante do profesorado da promoción, Alfonso Castro García e os representantes da promoción, María Varela Cerdeira e Miguel A. Piñón Esteban.

Xantaron logo no restaurante do Hotel Monumento San Francisco.