Vodas de prata da promoción 1993-1998 de Farmacia

O sábado, 16 de setembro, reuniuse en Santiago un grupo do antigo alumnado da promoción 1993-1998 da licenciatura de Farmacia.

O grupo reuniuse en primeiro lugar, coa presidenta de Alumni USC, Eva López Barrio, no Recanto da Saudade, para descubrir unha placa conmemorativa. Logo fíxose unha fotografía de grupo na entrada da Facultade e despois, no Salón de Graos, tivo lugar o acto académico, coas intervencións de: Irene Zarra Ferro e Francisco Torres Neira, como representantes do alumnado, Mª José Alonso Fernández, como representante do profesorado, a presidenta de Alumni USC, Eva López Barrio e a decana do centro, Mª de los Reyes Laguna Francia.

Acto seguido remataron a xornada no Hostal dos Reis Católicos.