Vodas de prata Medicina, promoción 1992-1998

O sábado13 de maio, reuníronse, en primeiro lugar no Recanto da Saudade, o grupo de antigos alumnos e antigas alumnas da promoción 1992-1998 de Medicina, para ver a súa placa conmemorativa do seu retorno á cidade de Santiago de Compostela onde estudaron.

Despois, xa no Salón de actos da Facultade de Medicina, tivo lugar o acto no que interviron a vicedecana da Facultade: Ángela J. Torres Iglesias, os representantes do alumnado: Beatriz Cigarrán Vicente e Xoan Miguéns Vázquez, o representate do profesorado: Arturo González Quintela e a presidenta de Alumni USC: Eva López Barrio.

Neste evento, a Comisión organizadora estivo formada pola propia Beatriz Cigarrán Vicente e Elena López García.

A xornada rematou cun xantar no Hostal dos Reis Católicos.