Vodas de ouro da promoción 1968-1973 de Químicas

O 28 de xuño, o grupo de antigas e antigos alumnas e alumnos da promoción 1968-1973 da licenciatura de Químicas celebrou o seu acto na Facultade de Químicas, onde interviron o decano, Jesus Sanmartín Matalobos, o profesor Manuel Bermejo Patiño e os representantes do alumnado da promoción, Mª Amalia Andrade e Antonio Eduardo Casal.

Despois o grupo trasladouse ao Recanto da Saudade onde os esperaba a presidenta, Eva López Barrio, para descubrir a placa conmemorativa do seu paso polas aulas da nosa Universidade.

Alumni USC non entrou na organización do evento.