Vodas de Prata da Licenciatura de Medicina, promoción 1988-1994

O 26 de outubro de 2019 reuniuse na facultade de Medicina o grupo de antigos/as alumnos/as da promoción 1988-1994 para conmemorar o 25 aniversario.

O acto na facultade estivo presidido polo vicedecano do centro, José Carreira Villamor. Asistiron ademais Natalia Alonso Vence e Pablo Rama Maceiras (en representación do alumnado), Xosé L. Otero Cepeda (representando o profesorado) e Benita Silva Hermo (representando a Alumni USC).