EnMente VI

Os días 2, 3, 4 e 6 de Novembro tivemos o pracer de volver a contar con EnMente, tendo así o VI encontro de intelixencia emocional. Foi posible grazas ao apoio de Consello Social da USC e o do Instituto de Ciencias da Educación da USC.

Tal e como se fixo o ano pasado, a maioría das conferencias volveron a realizarse telemáticamente, vía Zoom. Pero grazas as melloras da alerta sanitaria foi posible facer dúas ponencias presencialmente. En total asistiron 116 persoas.

Agora mesmo atopámosnos nun momento onde a intelixencia emocional é moi relevante, xa que nos permite xestionar as nosas emocións e sentimentos. Saber xestionala pode axudarnos en diferentes ámbitos da nosa vida, xa sexa o persoal, o laboral ou o académico. A

s conferencias de EnMente VI trataron os temas: de axudarnos a adquirir un mellor coñecemento das nosas emocións e de equiparnos con estratexias e ferramentas relacionadas co tema, ademáis de fomentar o autocoñecemento.

O programa contou con dúas ponencias presenciais e tres online.

Sen medo ningún! Xestión da ansiedade e o medo en situación novas ou de conflicto

O ponente Antoni Giner, doutor en Pedagoxía e Licenciado en Psicoloxía, animounos a explorar o concepto de medo e de ansiedade para así poder ter a oportunidade de analizar a información e con calma intentar resolver o conflicto.

Coidar(te). Pistas para incrementar o teu benestar emocional

A ponente Ana Asensio, psicóloga clínica, psicoterapeuta e Doutora en Neurociencia, dirixiu o foco da ponencia nun plan de exercicios prácticos para mellorarnos a nós mesmos e ao noso entorno. En total foron 4 bloques: observar-te, recoñecer-te, dedicar-te tempo de calidade e confiar en ti.

Non deixes para mañán o que poidas facer hoxe! Posta en marcha de hábitos saudables

A ponente Carmen Loureiro, Codirectora de Verbalia Comunicación, psicóloga especializada en educación emocional  e social, Doutora e investigadora e profesora asociada, anímanos a establecer hábitos saudables na nosa vida. Mediante diferentes preguntas e exemplos mostrou métodos para poder establecer rutinas saudables no sentido emocional.

A incerteza laboral que sentimos. Como ver una oportunidade onde non contábamos.

A ponente Rocío Lacasa, Psicóloga clínica experta en trastornos de ansiedade, fálanos da existencia de incertezas en distintos ámbitos da nosa vida e mediante un taller explica cómo non caer no pánico e así poder aproveitar as oportunidades.

Liderado e xestión emocional en tempos de crises.

O ponente Antonio Moya, licenciado en Dereito e Empresariais e Coach, fálanos sobre cómo a nova situación influí unas persoas, e explícanos cómo debe actuar un bo líder. Ademáis deixa claro a importancia dun contorno de traballo saudable.

Moitas grazas a todos os que participaron neste encontro de De EnMente, tanto os ponentes coma os socios e invitados!!