Eva López e Modesto Gómez presentan o 30.º Encontro Nacional Alumni España e os I Premios Alumni USC

A presidenta de Alumni USC, Eva López, xunto con Modesto Gómez, membro da Xunta Directiva, presentaron ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, o 30.º Encontro Nacional Alumni España e os I Premios Alumni USC.

O evento celebrarase este outono en Santiago de Compostela e busca poñer en valor a rede de antigos alumnos e alumnas, así como destacar o seu impacto social e profesional.

O 30.º Encontro Nacional reunirá representantes de asociacións de todo o país, mentres que os I Premios Alumni USC recoñecerán a traxectoria e a contribución de persoas egresadas da USC.