Dende Alumni USC queremos expresar o noso máis profundo pesar polo pasamento de don Xesús Alonso Montero, un referente indiscutible na defensa e promoción da lingua e da cultura galegas.
Alonso Montero, membro de número e presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017, dedicou toda a súa vida á investigación, á docencia e á divulgación da literatura e da historia da nosa comunidade. A súa obra académica e humana deixou unha pegada imborrable en Galicia e no ámbito universitario.
Para todos nós representa un exemplo de compromiso co coñecemento, a cultura e os valores democráticos.
Que a terra lle sexe leve.
