O noso grupo de sendeiristas rematou outra etapa máis do Camiño do Taverneiro entre Ponte Caldelas e Carballedo. Aínda que o terreo non estaba nas mellores condicións debido á climatoloxía adversa desta última tempada, e malia que a ruta ten tramos de dificultade media, conseguiron superar satisfactoriamente esta IV etapa de 14,5 km.
Aproveitando o percorrido e o paso pola terra que viu nacer a Antón Fraguas, en Insuela, puideron ler un poema seu diante da súa casa natal. Tamén visitaron o Centro Cultural Antón Fraguas da man de Malores Villanueva, veciña da zona, ademais de profesora e escritora.
Xa están a preparar a seguinte ruta do Xiro Grande a Compostela.
Bo camiño!

