Nova saída do club de sendeirismo

O nosos sendeiristas remantan o ano cunha interesante andaina, saíndo dende Lestedo cara ó Pico Sacro. Comenzaron no centro de interpretación do Pico Sacro e despois fixeron a subida, con visita guiada, o cumio. Logo de baixar polo Santiaguiño e camiño de Santiago. Uns 11 quilómetros percorridos en total, 5,5 km. de subida, cunha visita a Igrexa de san Lourenzo da Granxa, e outros tantos de baixada parando na Fonte e Capela do Santiaguiño.

Xa están preparando novas andainas para comenzaren o ano con forza, camiñar xuntos cara a un novo ano cheo de desafíos e novas rutas por descubrir. A diversidade de paisaxes que Galicia ofrece, dende os altos de montaña ata as praias máis recónditas, fai que o sendeirismo sexa unha actividade accesible para todas as idades onde os participantes non só gozan do exercicio físico, senón tamén de momentos de compañeirismo e amizade.