Nova saída dos sendeiristas, Cesar-Nemenzo: Xiro de Compostela

Preto do centro urbano de Santiago, o Xiro de Compostela ofrece non só unha vista privilexiada desde a cima dos seus montes, senón tamén o acceso á historia que aínda se conserva nos arredores e á natureza que os rodea.

Pouco a pouco, o club de sendeirismo vai cumprindo o seu obxectivo de percorrer o Xiro arredor de Santiago. Comenzando á beira do río Tambre, os camiñantes chegaron a Nemenzo tras pasar por Santa Lucía, o Alto de Zaramacedo, A Lavacolla e Cesar. En total, xa percorreron un terzo das aldeas que forman parte do concello, moitas das cales eran descoñecidas para os participantes.

A etapa rematou cun xantar na Cidade da Cultura e cunha visita cultural. Nesta ocasión, gozaron da exposición «As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI» no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.