Vodas de Ouro da Promoción da Licenciatura en Matemáticas

O venres 9 de xuño, os antigos alumnos e alumnas da promoción 1969-70 da licenciatura en matemáticas volvéronse reunir para celebrar as súas vodas de ouro.

O programa do día comezaba ás 12 horas no salón de actos da facultade de matemáticas. Participaron a Presidenta de Alumni USC, Dona Eva López Barrio, a decana da Facultade de Matemáticas, Dona Elena Vázquez Cendón, o Catedrático da Área de Análise Matemática Gerardo Rodríguez, en representación dos docentes desta promoción. Asemade, participaron os tres organizadores da promoción, en representación dos máis de vinte compañeiros e compañeiras que participarán do encontro.

Luego das palabras das persoas que interviñeron, asinarán no Libro de Honra da Facultade de Matemáticas e posarán para a foto de familia.