Premio á traxectoria profesional do Consello Social ao ex reitor Villanueva

O venres 9 de xuño o concello social da usc levou a cabo, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, a homenaxe ao ex reitor Villanueva quen se sentía sumamente honrado e aclarou “Son unha persoa que lle debe todo á USC”.

O acto foi presidido polo actual reitor, Antonio López xunto coa participación do secretario xeral da universidade da Xunta de Galicia, José Alberto Diaz de Castro. Tamén participou a presidenta do Consello Social, Cecilia Sierra quen lle entregou unha placa conmemorativa do galardón a Darío Villanueva.

Darío Villanueva foi reitor entre os anos 1994 e 2002, sen embargo comezou a dar clases no ano 1972. Tivo a oportunidade de dar clases en tres facultades: Filoloxía, Xeografía e Historia e Ciencias da Comunicación. Tanto Antonio López como Cecilia Sierra tiveron emocionantes palabras e recordaron xunto a el a súa traxectoria profesional. A candidatura do profesor Villanueva foi proposta por Alumni USC