Acto do día das Letras Galegas na USC

O día 16 de maio, a vicepresidenta, Luisa Rivas, acudiu como representante do Pleno do Consello Social da USC, ao pazo de Fonseca onde se celebrou o acto do día das Letras Galegas, que contou cunha conferencia do noso socio Don Xesús Alonso Montero, titulada “Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego”.

O acto estivo dedicado á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica), e no que se presentou o libro editado pola Universidade: Canta ti, cantarei eu. A poesía rural oral.