A Federación Alumni España galardoada en Alumni Universidade de Aveiro (Portugal)

O sábado 7 de xullo, a presidenta de Alumni USC e membro Xunta Directiva da Federación Alumni España, Eva López, xunto co presidente da Federación Alumni España, Antonio Redondo, acudiron á Universidade de Aveiro en Portugal para recoller o premio da Federación Alumni Portuguesa.

No acto estiveron acompañados polo presidente de Alumni Universidade de Aveiro, que festexaba o seu 35 aniversario de creación, Pedro Oliveira.