Acto do día das Letras Galegas na USC

O día 16 de maio, a vicepresidenta, Luisa Rivas, acudiu como representante do Pleno do Consello Social da USC, ao pazo de Fonseca onde se celebrou o acto do día das Letras Galegas, que contou cunha conferencia do noso socio Don Xesús Alonso Montero, titulada “Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego”. O acto...

Ler máis

Reunión da Federación Alumni España coa Conferencia de Rectores Española

A nosa presidenta, Eva López, acudíu o luns 12 de maio como representante da Federación Alumni España (agora é membro da Xunta Directiva) á reunión coa CRUE en Madrid. Acompañada polo presidente da Federación Alumni España, Antonio J. Redondo, reuníronse coa representante da CRUE, Gema Luna e o exreitor da Universidade Politécnica de Valencia,...

Ler máis

Acto de invesidura de dous Doctores Honoris Causa na USC

O día 28 de marzo, a directiva de Alumni USC, Ariana Fernández Palomo, acudiu en representación de Alumni USC, ao acto de Investidura de Doctor Honoris Causa da Prof. Dra. Mª Teresa Soler Roch e o Prof. Dr. Duarte Nuno Vieira, no Salón Nobre do Pazo de Fonseca....

Ler máis

Presentación de Alumni USC na Casa de Galicia en Madrid

O pasado 5 de marzo de 2025, A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación de Alumni USC nun exitoso evento que reuniu autoridades galegas, membros da comunidade universitaria e destacados representantes da sociedade en consonancia cos nosos socios máis prezados. O acto arrancou ás 18:30 horas coa inauguración a cargo de Luis...

Ler máis

Eva López, galardoada nos Premios Empresarias de Galicia

O pasado 14 de febreiro a nosa querida presidenta, Eva López Barrio, foi unha das cinco mulleres galardoadas nos Premios Empresarias de Galicia celebrados no Hotel Monumento San Francisco. O premio destacou o seu traballo en proxectos como Innovatia 8.3 e Woman Emprende, ambos centrados no impulso do emprendemento feminino. “É bonito que se...

Ler máis

Xornada Toca – Toca

O pasado xoves 30 de xaneiro, no Museo de Historia Natural da USC, tivo lugar a Xornada Toca-Toca, na que, acompañados polo biólogo Miguel Santamaría, tivemos a oportunidade de achegarnos a todo tipo de artrópodos tropicais. Desde ninfas da jungla (o insecto-palo máis pesado do mundo) ata tarántulas e mariposas búho. Sendo unha actividade...

Ler máis

Reunión na Universidade de Minho para promover o Proxecto Tresemes

O xoves 30 de xaneiro de 2025, tivo lugar unha reunión na Universidade do Minho, na que participaron Teresa Carballeira, secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades, xunto con Guilherme Augusto Borges Pereira, Carla Cristina Esteves Marins, e Iris Carmo Silva Saraiva, así como a nosa presidenta Eva López. O obxectivo principal da reunión...

Ler máis

Reunión con Jesús López Romalde, decano da Facultade de Bioloxía

O pasado martes 17 de decembro, a presidenta de Alumni USC, Eva López Barrio, reuniuse co decano da Facultade de Bioloxía, Jesús López Romalde. Durante o encontro abordáronse temas de interese mutuo, como a colaboración entre ambas as entidades para a organización de actividades e a participación de Alumni USC nos actos de graduación...

Ler máis

Homenaxe á nosa presidenta de honra, Benita Silva Hermo, D.E.P.

O pasado venres, 15 de novembro, celebrouse no Paraninfo da USC un emotivo acto en recordo de Benita Silva Hermo, coincidindo coa data do seu aniversario. Durante o evento, presentouse o libro que recolle o seu legado, titulado “La piedra en los monumentos gallegos: formas de alteración y procesos de deterioro”. As coeditoras, Teresa...

Ler máis