O pasado 1 de Xuño o Club de Sendeirismo de Alumni USC volveu ás andadas cunha ruta de 18 quilómetros.
Nesta saída das oito da mañá, os membros fixeron un percorrido dende Aguiño ata a Poboa do Caramiñal, a cal coincide parcialmente coa 3ª etapa do Camiño de Santiago do Barbanza, cunha parada no Camping de Coroso a medio camiño para descansar.
Tras rematar a ruta e o xantar, os sendeiristas puideron desfrutar dunha visita ao Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal, ao igual que un desprazamento en autobús ata o Dolmen de Axeitos