O grupo do Club de sendeirismo continuou co Camiño do Taverneiro o sábado 31 de maio. Nesta ocasión fixeron a 3ª etapa deste Camiño, de Pazos de Borbén ata o encoro de Eiras, preto de Ponte Caldelas. Foi unha etapa dura pero fermosa.
Despois do xantar o grupo, acompañados polo arqueólogo Alberte Reboreda, realizou unha visita polas casas indianas de Ponte Caldelas, unha leción de historia da emigración desde Brasil.




