Os días 20, 21, 22 e 24 de outubro, tivo lugar a celebración anual de EnMente: o V Encontro de Intelixencia Emocional promovido por Alumni USC e que contou co apoio do Consello Social da USC e co Instituto de Ciencias da Educación da USC.
Un ano máis, concluímos con éxito o encontro que, dadas as circunstancias de alerta sanitaria actual, levouse a cabo telemáticamente, a través da plataforma Zoom.
Foi un pracer contar coa participación de relatores e relatoras de recoñecido prestixio como Andrea Bechlian, Aixa Permuy, Mita Beutel, Xavier Guix e Anna Forés, que fixéronos reflexionar sobre temas tan importantes como a educación dos nos@s adolescentes, o liderado emocional, cómo manter a calma, comunicarnos mellor ou a resiliencia.
Alegrámonos de que todas as persoas participantes aproveitasen e desfrutasen as xornadas e esperamos que o próximo ano poidamos celebralas en formato presencial para aproveitalas de xeito vivencial.