Entrega do Premio Humanitas 2024

O pasado mércores 22 de xaneiro, fíxose entrega do Premio Humanitas 2024 á Asociación de Pais e Nais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista (Aspanaes). Outorgado polo Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Alumni USC.

O reitor da USC, Antonio López, fixo entrega do diploma acreditativo ao presidente de Aspanaes, Ignacio Labella Lozano, e ao director xerente da asociación, David Vieitez Solla. O acto contou coa presenza da presidenta de Alumni USC, Eva López, e da nosa Inés Toca, en representación da asociación. Polo Consello Social, participaron a secretaria executiva, Marta Villamayor Álvarez, e o vogal do consello, José Villarnovo Faraldo.

O premio, dotado con 2.000 euros e financiado ao 50% polo Consello Social e ao 50% por Alumni USC, recoñece o labor de Aspanaes no apoio ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e na mellora das súas contornas familiares e sociais.